Froito

As froitas son os froitos comestíbeis das árbores froiteiras e outras plantas. Na lingua coloquial e en cociña, cando se fala da froita en termos xenéricos, a palabra refírese normalmente a aqueles vexetais cuxos froitos son carnosos e doces, ricos en azucres e vitaminas e frecuentemente consumidos crus como sobremesa,como por exemplo, as ameixas, mazás, laranxas e un longo etcétera. Porén, en canto ao nome concreto de cada tipo de froita, moitos vexetais moi comúns, así como varios tipos de noces e grans, reciben o seu nome das especies das que proceden.Habitualmente estes froitos son moi saborosos e relativamente doces, tendo polo normal cores vivas e aromas agradábeis. Case todas posúen pel, polpa (a carne da froita) e sementes ou carabuñas ben diferenciadas.s froitas diferénciase dos froitos secos en que as primeiras conteñen unha gran cantidade de auga, contrariamente a estes últimos, que a reduciron tras un proceso de secado, natural ou artificial. A función da froita (como a do froito, falando en termos xerais) é a de favorecer a diseminación da semente no ciclo da reprodución. Isto conséguese a través dos animais (sobre todo para a froita de cores chamativas), do vento ou da auga.A composición química das froitas depende sobre todo do tipo de froita e do seu grao de maduración.
Auga: Máis do 80 % e ata o 90 % da composición da froita é auga. Debido a esta alta porcentaxe de auga e aos aromas da súa composición, a froita é moi refrescante.

Glícidos: Entre o 5 % e o 18 % da froita está formado por carbohidratos. O contido pode variar dende un 20% no plátano ata un 5 % no melón, sandía e amorodos. As demais froitas teñen un valor medio dun 10 %. O contido en glícidos pode variar segundo a especie e tamén segundo a época da colleita. Os carbohidratos son xeralmente azucres simples como a frutosa, sacarosa e glicosa, azucres de fácil dixestión e absorción rápida.[1] Na froita pouco madura atopamos amidón, sobre todo no plátano, que coa maduración se converte en azucres simples.

Fibra alimentaria: Aproximadamente o 2 % da froita é fibra dietética. Os compoñentes da fibra alimentaria que atopamos nas froitas son principalmente as pectinas e a hemicelulosa. A pel da froita é a que posúe unha maior concentración de fibra alimentaria, pero tamén é onde poden permanecer restos dalgúns contaminantes como restos de insecticidas, pois son difíciles de eliminar se non é co pelado da froita. A fibra solúbel ou xelificante, como as pectinas, forman coa auga mesturas viscosas. O grao de viscosidade depende da froita da que proceda e do grao de maduración desta. As pectinas desempeñan polo tanto un papel moi importante na consistencia da froita.

Vitaminas: Como os carotenos, vitamina C, ou vitaminas do grupo B. Segundo o contido en vitaminas podemos facer dous grandes grupos de froitas:
Ricas en vitamina C: conteñen de 50 a 100 mg/100 g. Entre estas froitas temos ós cítricos, tamén o melón, os amorodos e o kiwi.
Ricas en vitamina A: Son ricas en carotenos os albaricoques, pexegos e ameixas.

Sales minerais: Do mesmo xeito que as verduras, as froitas son ricas en potasio, magnesio, ferro e calcio. Os sales minerais son sempre importantes, pero sobre todo durante o crecemento, para a osificación. O mineral máis importante é o potasio. As máis ricas en potasio son as froitas de carabuña, como o albaricoque, a cereixa, a ameixa, o pexego etc.

Proteínas e graxas: Os compostos nitroxenados como as proteínas e os lípidos son escasos na parte comestíbel das froitas, aínda que son importantes nas sementes dalgunhas delas. Así pois, o contido de graxa pode oscilar entre o 0,1 e o 0,5 %, mentres que as proteínas poden estar entre o 0,1 e o 1,5 %.

Aromas e pigmentos: As froitas conteñen ácidos, aldehídos e outras substancias aromáticas que, unidas ao gran contido en auga, fai que as froitas resulten refrescantes. O sabor de cada froita está determinado polo seu contido en ácidos, azucres e outras substancias aromáticas. O ácido málico predomina na mazá, o ácido cítrico en laranxas, limóns e mandarinas e o ácido tartárico nas uvas. Polo tanto, os colorantes, os aromas e os compoñentes fénolicos astrinxentes, aínda que se atopan en moi baixas concentracións, inflúen de maneira crucial nas propiedades organolépticas das froitas e. indirectamente, no seu éxito no consumo.

A presente lista pretende enumerar varios tipos de froitas, consideradas comestibles en diversas partes do mundo. Nótese que moitas froitas (dende o punto de vista biolóxico) son consideradas verduras no sentido culinario (por exemplo, o tomate), e non aparecen neste artigo por esa razón. Por outro lado, existen algunhas “froitas”, como o amorodo ou o ananás (ou piña) que non son froitos en termos biolóxicos. Resumindo: aquí faise unha listaxe das “froitas” na acepción corrente da palabra e non na acepción científica.Desde un punto de vista ontoxenético, o froito é o ovario desenvolvido e maduro das plantas con flor.Se un animal come un froito, moitas das sementes que este contén percorren o tracto dixestivo do animal sen sufrir dano, para despois caer nun lugar idóneo para a súa xerminación.Con todo, non todos os froitos dependen de ser comestibles para dispersarse. Outros, como os figo chumbo, dispérsanse aferrándose ao Con todo, non todos os froitos dependen de ser comestibles para dispersarse. Outros, como os figo chumbo, dispérsanse aferrándose ao pelame dos animais. Despois da fecundación o pistilo crece e ten diversas modificacións que o converten en froito. Os froitos poden ser de diferentes tipos: A maioría dos froitos son secos, é dicir, teñen paredes delgadas que secan co tempo, como os chícharos e as fabas. Nalgúns froitos secos a parede é dura,como pasa nas landras e as abelás.
Noutros,o piscilo engrósase e vólvese tenro e substanciosos:
son os froitos carnosos.Cando son comestibles para o ser humano e teñen un sabor doce chámanse froitas. Os froitos poden conter moitas sementes, como os tomates ou as fabas, ou ben só unha, como os pexegos e as améndoas.

En botánica, o froito é o órgano procedente da flor. A parede do ovario se engrosa ao transformarse na parede do froito e denomínase pericarpo, cuxa función é protexer ás sementes.
O froito é outra das adaptacións, conxuntamente coas flores, que contribuíu ao éxito evolutivo das anxiospermas. Así como as flores atraen insectos para que transporten pole, tamén moitos froitos tratan de atraer animais para que dispersen as súas sementes.Hai catro tipos de froitos: os rizomas,os estolóns,os bulbos e os tubeŕculos.Os rizomas, que son talos que crecen horizontalmente baixo terra, dos cales saen polás verticais.Os bulbos, que son a parte inferior dun talo,envolto con follas sen clorofila, moi grosas e moi mestas.Os tubérculos, que son o extremo dun talo subterráneo que almacena alimento e engrosa.Os estolóns,que son talos que crecen horizontalmente sobre o chan e cando lles crecen raíces forman novas plantas.

Calquera que sexa a súa orixe e aspecto, o froito cumpre tres funciones principais: conter e protexer ás sementes durante o seu desenvolvemento, contribuír á dispersión das mesmas unha vez que maduran e atraer animais que favorezan a súa ulterior dispersión. O froito, ademais de protexer ás sementes durante o seu desenvolvemento, deben contribuír á súa diseminación, xa sexa porque as dispersan ou porque se desprenden xunto con elas da planta nai. Nas espermatófitas primitivas a semente illada actúa como unidade funcional de diseminación. Nas anxiospermas, en cambio, está función resulta impedida en principio xa que as sementes quedan encerradas dentro dos carpelos maduros. A diseminación das sementes doutra banda, é de particular importancia nas plantas para evitar que os descendentes de cada individuo permanezan próximos entre si e da planta nai, o que incrementaría fortemente a competencia entre eles por recursos. A dispersión, lonxe da planta nai, non só diminúe a posibilidade de competencia entre individuos proximamente emparentados senón que tamén favorece a exploración e conquista de novos hábitats.

Os froitos presentan diferentes estratexias de dispersión. Unha delas, no caso dos froitos anemocoros, é aproveitar o vento. Estes froitos adoitan ser lixeiros e ter estruturas como ás ou pelos que lles faciliten poder ser levados polo vento (exemplo, o froito do pradairo). Outra estratexia, utilizada polos froitos zoocoros, é aproveitar aos animais. Estes poden dispersar os froitos de dous modos diferentes. O primeiro deles é suxeitándose ou enganchándose ás plumas ou aos pelos (son os denominados froitos epizoocoros) mediante ganchos ou pelos que lles facilitan a adherencia ao animal; por exemplo, os arrancamoños (Xanthium). No segundo modo, os animais comen os froitos (froitos endozoocoros) e cos mollos do aparello dixestivo desfán as cubertas e expulsan xunto coas feces as sementes, listas para xerminar. Para atraer aos animais, estes froitos adoitan ter cores rechamantes, ser carnosos e zumentos. Algúns froitos de plantas ligadas a hábitats acuáticos dispérsanse grazas á auga, como o coco. Son os denominados hidrocoros. Finalmente, outros, denominados froitos autocoros, teñen mecanismos para abrirse e expulsar as sementes, por exemplo as legumes. Existen especies, denominadas «policoras», cuxos froitos son dispersados por máis dun axente ou vector. Tamén se describiron algúns casos nos que a planta presenta diversos tipos de froitos (condición denominada «heterocarpia»), como ocorre nos capítulos dalgunhas compostas onde se presentan cipselas con distinta morfoloxía, ou con presenza ou ausencia de papus, permitindo dese modo unha dispersión máis flexible e eficiente.
A diversificación das anxiospermas no Cretáceo e no Terciario estivo acompañada por unha explosiva diversificación nunha cantidade de caracteres. Por exemplo, a rápida diversificación nos sistemas de polinización, a cal ocorreu de modo concomitante coa diversificación dos insectos.Con todo, outras características reprodutivas das anxiospermas, tales como a diversidade dos froitos e das sementes, permaneceron relativamente estables durante o Cretáceo.Os primeiros froitos das anxiospermas eran apocárpicos, con varios carpelos libres. Os froitos sincárpicos, provenientes de flores con carpelos fusionados entre si, apareceron cara a mediados do Cretáceo Albiense-Cenomaniense, fai aproximadamente 97 millóns de anos. Os froitos fósiles provenientes do Cretáceo temperán ao Cretáceo medio eran todos secos e non mostraban ningunha estratexia obvia para a súa dispersión. As drupas e as bagas, os clásicos froitos carnosos, apareceron no Cretáceo superior ou a principios da Era Cenozoica.Segundo algúns autores a evolución relativamente rápida dunha gran cantidade de tipos e tamaños de froitos no Paleoceno (de 65 a 56 millóns de anos atrás) e no Eoceno (fai 56 a 35 millóns de anos) estivo asociada co rápido desenvolvemento das aves e dos mamíferos, os principais axentes encargados da dispersión das sementes e dos froitos das anxiospermas actuais.Con todo, aínda que a proporción de froitos carnosos e presumiblemente dispersados por animais incrementouse a través de todo o Cretáceo, a frecuencia de froitos secos dispersados polo vento non diminuíu en forma relativa, senón que fluctuó durante o mesmo período, mostrando incluso varios «picos» de frecuencias máximas. Esta observación levou ao rexeitamento da hipótese de que a evolución do tipo de froito estaba asociada ou inducida pola coevolución cos animais que dispersan as semente e suxire que as tendencias evolutivas no tipo de froito estiveron inducidas por cambios climáticos e na vexetación, os cales se produciron aproximadamente no límite entre o Cretáceo e o Cenozoico.As plantas con sementes grandes tenden a estar asociadas con hábitats boscosos húmidos e os climas máis cálidos e cada vez máis húmidos do Eoceno sustentaron o desenvolvemento de bosques con canopeos pechados.Esta modificación do clima, desde os ambientes secos do Cretáceo que favorecían ás plantas con sementes máis pequenas, ata as extensas zonas boscosas húmidas que favorecían ás plantas con sementes máis grandes, foi percibida como o factor predominante que induciu a evolución do tamaño dos froitos e das sementes das anxiospermas como grupo.As plantas con sementes máis grandes que eran favorecidas nos ambientes de canopeos pechados dos bosques tiñan unha menor capacidade de dispersión das sementes a menos que evolucionasen, secundariamente, mecanismos de dispersión por animais. A evolución de animais fruxívoros, tales como morcegos, aves e roedores, foi entón un fenómeno secundario relacionado coa abundancia de sementes grandes como recurso alimenticio máis que a causa principal do incremento no tamaño das sementes e dos froitos entre as anxiospermas.A maioría das especies arbóreas que habitan os bosques tropicais producen froitos que son consumidos por animais e considérase que tales fruxívoros son indispensables para a dispersión das sementes. Moitos autores suxeriron que moitos trazos dos froitos, tales como a cor, a forma e a protección evolucionaron como complexos de caracteres covariantes (denominados «síndromes de dispersión») en resposta á selección polos animais fruxívoros. Con todo, tal suxestión atopou escasa evidencia empírica que a apoiase e, de feito, acháronse tales síndromes de dispersión en rexións do mundo que carecen de animais fruxívoros.

 

A amoraé o nome de diferentes froitos comestíbeis de distintas especies botánicas, e que acostuman clasificarse coma froitos do bosque. Malia procederen de diferentes plantas ou ser froitos botanicamente diferentes, posúen un aspecto semellante e características comúns. En xeral podemos dicir que proceden de dous xéneros distintos de vexetais con trazos fenotípicos moi dispares entre si:

Morus, as moreiras, árbores da familia das moráceas.

Rubus, as silveiras, arbustos rubideiros e espiñentas da familia das rosáceas, especialmente algunhas especies.

Ambos os dous xéneros botan amoras, porén non son a mesma froita. A diferenciación é aínda maior, xa que ambos xéneros teñen un gran número de especies. En total existen máis de 300 especies de amoras diferentes.[4] Ademais, a comercialización destas bagas propiciou a creación de diversas hibridacións que non existen na natureza.

 

Froita silvestre é a denominación popular e gastronómica coa que se coñece un grupo de froitas miúdas e comestíbeis que tradicionalmente non se cultivaban senón que medraban en gamallos, arbustos e incluso árbores bravas nos bosques e fragas. Adoitan ser bagas doces ou un chisco acedas, zumarentas e intensamente coloreadas. Adoitan empregarse para elaborar zumes, marmeladas ou aromatizar bebidas e pratos, especialmente sobremesas coma tortas, iogures e xeados.A comercialización en Galicia aínda non está xeralizada, con todo, as froitas bravas forman parte da cultura popular, xa que estes froitos son comúns en valados, bosques e camiños de todo o país: amoras, amorodos bravos, framboesas e arandos principalmente.Os froitos do bosque son de especial importancia para a fauna salvaxe, e acostuman ser os máis atractivos polas súas cores intensas, que axudan ao espallamento das sementes das plantas. A meirande parte das bagas bravas son froitos do bosque comestíbeis, mais cómpre ter en conta que algúns son velenosos. As súas fortes cores son pigmentos sintetizados pola planta. Algunhas pescudas[2] descubriron propiedades medicinais dos polifenois pigmentados, coma flavonoide, antocianina, tanino e outros fitoquímicos localizados principalmente na pela e nas sementes. Por isto moirtos froitos silvestres teñen pigmentos antioxidantes e unha alta capacidade de absorción de radicais de osíxeno (“ORAC”) entre alimentos vexetais. Son considerados alimentos moi saudábles.A nivel comercial e de cultivo coñécense coma froitas vermellas, froitas do bosque e moi comunmente co anglicismo: berries (bagas).

 

by Daniela y Guille

 

2 comentarios en “Froito

  1. 😂😂😂jajajajaja… bueno, sí….es gracioso recordar estos momentos. Muy bonitos para mí, por cierto.
    Espero que ahora los trabajos sean más elaborados y con relación propia. Digamos que en esa época estabamos aprendiendo a buscar información, copiarla y con ella crear este bonito recuerdo.
    Un abrazo enorme de vuestro profe! Enorme!!

    Me gusta

  2. jajaj… ya van 5 años desde esto y todavía parece que fue ayer. Ahora a esperar otros 5 a estar en tercer año de carrera y reírse de esto otra vez (copia pega de wiki).

    Me gusta

Deja un comentario